Saturday 18 de May de 2024

O Santa Cruz, campión da Copa Oleiros masculina


O Santa Cruz levouse Trofeo Concello de Oleiros de fútbol 2023 gañando na final ao Hércules por 2-1 no Campo Deportivo Municipal A Marola. O partido decidiuse na prórroga, despois de finalizar os 90 minutos cun 1-1.

Trátase da edición número 52 dun torneo que congregou nesta final a un grande número de espectadores, que viviron intensamente este enfrontamento. O Hércules e o Santa Cruz conseguiron o pase para este partido polo título tras gañar en semifinais ao Marino e ao Atlético San Pedro.

Anteriormente, na fase de grupos, tamén participaron Xuventude de Dorneda, Cristo Rey, Mercurio, Unión Campestre e Obrero. Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repartiranse 12.258 euros en premios.

Nos instantes previos ao encontro, os equipos participantes na final feminina e masculina saíron ao campo cunha pancarta co lema “Olerios contra o machismo. Rubiales inhabilitación xa!”, para denunciar as indignantes actuacións e comportamentos do presidente da Real Federación Española de Fútbol.